patrulla

< patrullar
Plural: patrullas
  1. s BÉL
    1. Grupo de soldados en número reducido que se destaca do groso das tropas en misión de recoñecemento, seguridade, vixilancia ou enlace.
    2. p ext Grupo reducido de barcos ou avións que fan servizo nunha costa ou nunha determinada zona de mar, para a defensa contra ataques submarinos ou aéreos ou para observacións meteorolóxicas.
  2. s f Rolda que fai un grupo de axentes da orde ou de soldados para vixiar.
  3. s f p ext Grupo reducido de persoas que se organizan para realizar unha determinada cousa.
  4. s f Servizo que presta unha patrulla.

Citas

  • Os policias saíron de patrulla
  • Os veciños organizaron unha patrulla para vixiar de noite