sRELIXSanto ou advocación mariana que teñen baixo a súa protección unha igrexa, unha aldea, unha vila ou unha colectividade.
MAR
sPersoa que manda e dirixe unha embarcación de pesca.
patrón de costaPersoa que dirixe as tarefas de navegación nun pesqueiro.
patrón maiorPersoa que dirixe as tarefas de pesca nun pesqueiro.
sPersoa propietaria ou contratista dun comercio ou dunha industria onde traballan obreiros ás súas ordes.
sDER/RELIXPersoa que posúe o dereito de padroado.
sHIST
Señor dun servo.
Último señor dun escravo emancipado, que conservaba algúns dereitos respecto a el.
smModelo, xeralmente de papel, a partir do que se fan elementos semellantes.
smECONMecanismo polo que os países efectúan os seus pagamentos internacionais e equilibran a balanza de pagamentos.
smMETROLMagnitude ou metal que se toma como tipo para definir unha unidade e co que quedaron fixadas modernamente as diferentes unidades básicas dos sistemas de medidas.
proteína patrónALIMProteína ou conxunto de proteínas do ovo completo de galiña, que se toma como referencia para determinar o valor nutritivo das outras proteínas.