patria

< lat patrĭa
Plural: patrias
  1. s f Terra ou país onde se nace.
  2. s f POLÍT Concepto de nación ou unidade coa que se senten identificados os que naceron nunha colectividade determinada ou forman parte dela.
  3. patria celestial RELIX Ceo ou morada de Deus.
  4. patria potestade DER Obriga que teñen os pais de velar polos fillos, telos na súa compaña, alimentalos, procurarlles formación, representalos e administrar os seus bens durante a súa minoría de idade.

Refráns

  • A cada cal gústalle máis o seu curral.
  • A terra onde nacín é a mellor para mino
  • Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado.
  • Cada un no seu curral nunca se atopa mal.
  • Mellor que onde naces, onde paces.
  • Na súa terra ou o burro fala ou o burro omea.
  • Non con quen naces senón con quen paces.
  • O boi, onde pace; e o home, ohde nace.
  • O home, onde nace; e o boi, onde pace.