paternidade

< lat paternitāte
Plural: paternidades
  1. s f DER Relación xurídica que existe entre o pai e os seus fillos, que deriva da relación biolóxica que supón a xeración.
  2. s f RELIX Tratamento reverencial que reciben algunhas xerarquías da orde eclesiástica, como os abades e superiores de ordes relixiosas, inquisidores e, tamén, bispos e cardeais.