pata

Plural: patas
  1. s f Cada unha das extremidades de calquera animal.
  2. s f col Cada un dos membros inferiores dunha persoa.
  3. s f Cada unha das pezas dun moble que o mantén en pé e en equilibrio servíndolle de punto de apoio sobre o chan.
  4. s f TECNOL Terminal metálica de diversos compoñentes electrónicos de semicondutores, principalmente circuítos integrados, que permiten fixar o compoñente sobre a placa do circuíto impreso e establecer as conexións eléctricas coas pistas.
  5. pata de cabra Peza de buxo, moi semellante á bisagra, que empregan os zapateiros para alisar e puír as solas do calzado.
  6. pata de galiña PROTISTA Alga, da familia das xigartináceas, que presenta talo vermello e cartilaxinoso e que se pode atopar en rochedos do litoral, onde é moi abundante.
  7. pata de galo Engurra que, cos anos, se forma ao lado do ángulo externo dos ollos.
  8. pata de ganso ANAT Conxunto aponeurótico constituído polos tendóns inferiores do recto interno da coxa, o sartorio e o semitendinoso.

Frases feitas

  • A pata. A p
  • A pata coxa. Saltar sobre un p
  • Andar a catro patas. Andar de gati
  • Mala pata. Mala sorte.
  • Meter a pata. Equivocarse.
  • Pata de banco. Expresi
  • Patas arriba. Estar algo en desorde.