adxQue reflicte a vida dos pastores dun xeito idílico.
RELIX
adxRelativo ou pertencente ao coidado das almas.
adxRelativo ou pertencente ao bispo ou á súa actividade como pastor.
sfEscrito de exhortación, consello ou información que manda o bispo á clerecía ou ao pobo da súa diocese.
acción pastoralConxunto de actividades que a Igrexa realiza para que os homes acepten a súa mensaxe de salvación. OBS: Tamén se denomina pastoral.
bastón pastoralCaxato que levan os bispos, abades e abadesas nas cerimonias litúrxicas como símbolo de autoridade.
teoloxía pastoralCiencia teolóxica sobre a acción pastoral da Igrexa cuxo obxecto é o condicionamento da realización da Igrexa en cada situación de actualidade. OBS: Tamén se denomina teoloxía práctica.
sfMÚS
Peza musical escénica con partes instrumentais e vocais, con ballet ou sen el, de ambiente xeralmente campestre, que xurdiu a finais do s XV.
Composición musical alusiva á vida dos pastores, moi frecuente na música da segunda metade do s XVIII.
xénero pastoralLITXénero literario que se caracteriza pola idealización da vida pastoril e, en xeral, da vida labrega.