pastilla

< cast pastilla
Plural: pastillas
  1. s f Forma farmacéutica sólida, lixeiramente elástica, que leva un principio activo e que se toma por vía oral.
  2. s f Cada porción individual en que se divide unha masa de tipo doce.
  3. s f Anaco de pasta con forma redondeada ou cuadrangular e plana, de diversos produtos.
  4. pastilla de freo TRANSP Peza metálica recuberta nunha das súas caras cun material sintetizado de alto coeficiente de fricción que, en pares e enfrontadas entre elas, constitúen a parte móbil da pinza dun freo de disco.

Citas

  • Hoxe pola mañá tiven que coller unha nova pastilla de xabón, Dálle só unha pastilla de chocolate porque senón despois non come