pastel

Plural: pasteis
  1. s m ARTE Tipo de lapis feito con cores moídas e reducidas a pasta con goma arábiga, talco e caolín.
  2. ARTE
    1. s m Obra pictórica que se fai coa técnica da pintura ao pastel.
    2. pintura ao pastel Técnica pictórica que consiste na aplicación de pastel sobre papel xeralmente granulado, protexido cunha preparación de cola, pedra bruta e pos de mármore ou vidro.