pasifloráceo -a

< lat científico Passiflora
Plural: pasifloráceos Masculino: pasifloráceo Masculino plural: pasifloráceos Feminino: pasiflorácea Feminino plural: pasifloráceas
  1. adx Relativo ou pertencente ás pasifloráceas.
  2. s f PLANTA Planta da familia das pasifloráceas.
  3. s f pl PLANTA Familia de plantas herbáceas ou leñosas, capreoladas e rubideiras, da orde das violais, que presentan follas alternas, estipuladas, con nectarios, e flores regulares dispostas en cimas e froito en cápsula ou en baga.

Palabras veciñas