pase

< pasar
Plural: pases
  1. s m Acción de pasar.
  2. s m DEP Acción de pasar o balón un xogador a outro.
  3. s m Acción de deixar pasar ao touro, despois de chamalo o toureiro coa muleta.
  4. s m DER Documento que serve para poder entrar nun lugar ou para circular dun lugar a outro, sen restricións.
  5. pase real HIST/DER Facultade que tiña o estado para examinar as disposicións da Santa Sé e permitir ou non que se publicasen ou cumprisen.

Sinónimos

Citas

  • Deu uns pases máxicos sobre as cartas e desapareceron
  • Non atopou o pase nos petos do pantalón
  • O xornalista conseguiu o pase para visitar a central térmica, O concello facilitou cen pases para viaxar en autobús
  • Onte notificáronlle o seu pase á reserva
  • Os alumnos organizaron un pase de roupa deportiva
  • Os pases da película son ás cinco e ás oito
  • Recibiu un pase de gol

Palabras veciñas