parsi

< persa pārsī
Plural: parsis
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo parsi.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo parsi.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo de orixe persa e de relixión mazdeísta que vive concentrada en Bombai (India) e que son moi influentes pola súa posición social de homes de negocios e intelectuais.
  4. s m LING Transcrición en escritura persa dos textos pahlavīs.