parentesco

< parente
Plural: parentescos
    1. s m Relación que existe entre parentes, por consanguinidade, afinidade ou adopción.
    2. parentesco espiritual / DER/RELIX Ligazón que contrae cos sacramentos do bautismo e confirmación o afillado, ademais de co ministro oficiante e cos padriños.
    3. parentesco político/por afinidade DER Parentesco que hai entre cada esposo e os consanguíneos do outro.
    4. parentesco uterino DER Parentesco que liga os fillos dunha mesma muller, aínda que sexan de pais diferentes.
  1. s m LING Relación que existe entre dúas ou máis linguas que proceden dunha mesma protolingua.
  2. sistema de parentesco SOCIOL Conxunto de relacións humanas que se define pola posición relativa que ocupa un individuo nun grupo, segundo o matrimonio, a descendencia ou calquera das ligazóns derivadas destes vínculos.