parcela

< fr parcelle lat v *particella
Plural: parcelas
  1. s f DER Porción pequena de terreo, normalmente sobrante doutro maior que se comprou, expropiou ou adxudicou.
  2. s f DER/ECON Porcións de terreo, incluídas no catastro, que pertencen a un dono diferente e que son obxecto dunha tributación especial.
  3. s f Parte ou división de algo.

Citas

  • Merquei unha parcela para construír unha casa
  • O teatro é só unha pequena parcela da súa traxéctoria