parasol

< 2 parar + sol
Plural: parasois
  1. s m Utensilio semellante a un paraugas.
  2. s m Accesorio móbil e orientable que vai colocado na parte superior do parabrisas e no interior do vehículo para evitar o cegamento do condutor cos raios directos do sol.
  3. s m Dispositivo adaptable á parte dianteira do obxectivo dunha cámara fotográfica ou cinematográfica para impedir que entren nel raios luminosos non provenientes do obxecto.

Sinónimos