paramento

< lat paramentu
Plural: paramentos
  1. s m Calquera tipo de adorno, xeralmente un tapiz, con que se reviste unha parede.
  2. s m Cada unha das dúas caras dunha parede.
  3. s m Cara labrada dunha peza de cantaría.
  4. s m RELIX Conxunto dos panos que protexen o altar e os outros obxectos que se colocan sobre el nas funcións litúrxicas.

Citas

  • Das paredes do salón penduraban ricos paramentos