antípoda

< lat antipōdes gr ἀ ντίποδες ‘antípoda’
Plural: antípodas
  1. adx Que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutro. Tm s m.
  2. adx Que está nunha situación oposta a alguén ou algo. Tm s m, referido a persoas.
  3. s m pl Parte da Terra situada no outro extremo do mesmo diámetro.
  4. adx BOT Aplícase ás células que, no saco embrionario das anxiospermas, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula. Tm s m.
  5. s m pl Posición ou actitude totalmente oposta a outra.
  6. antípoda óptico QUÍM Cada unha das parellas de esteroisómeros ópticos que fan xirar o plano da luz polarizada plana en direccións contrarias dun mesmo ángulo determinado.

Confrontacións

Citas

  • Nova Zelanda está situada nos antípodas de Galicia