smPeza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza.
parafuso de ArquímedesMáquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de hélice que, ao xirar cunha velocidade suficiente, eleva a auga.
parafuso micrométricoParafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.
parafuso sen finEngrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.
smTECNOL
Órgano ou elemento mecánico de forma semellante a un parafuso.
Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.
smFuso grande para torcer a la ou o liño.
TECNOLInstrumento para inmobilizar unha peza no banco de traballo, formado por dúas mandíbulas, unha delas fixa.
TECNOLInstrumento que consiste en dúas mandíbulas unidas por un extremo, que se emprega para suxeitar manualmente as pezas.