papuxa

< papo
Plural: papuxas
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave insectívora paseriforme, do xénero Sylvia, da familia dos muscicápidos, que presenta pequeno tamaño e vive en zonas de mato ou de vexetación baixa.
  2. papuxa apardada ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten a plumaxe do dorso, das ás e da cola pardas, e o peito de cor clara.
  3. papuxa cabecinegra ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten a plumaxe da cabeza negra nos machos, e o ventre branco, un anel vermello arredor do ollo e a cola longa e negra.
  4. papuxa común ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta nos machos a plumaxe da cabeza de cor cinsenta e un anel ocular.
  5. papuxa das amoras ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta un curuto de cor negra nos machos e pardo nas femias, e o resto da cabeza e as partes superiores de cor cinsenta ou olivácea.
  6. papuxa montesa ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta unha cola moi longa e negra nos machos e un anel ocular de cor vermella.
  7. papuxa paporrubia ANIMAL/ORNIT Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten un anel ocular arrubiado e a plumaxe superior cinsenta.

Sinónimos