papel

< cat paper lat papy¯rus
Plural: papeis
    1. s m Substancia feita con fibras vexetais adheridas entre elas que colle a forma de láminas finas.
    2. s m Peza, folla ou anaco feito con pasta de papel.
    3. papel Biblia GRÁF Papel moi fino, compacto e forte que se emprega en edicións de luxo.
    4. papel branco IND Papel de cor branca onde non hai nada escrito nin impreso.
    5. papel carbón GRÁF Papel impregnado por unha cara dunha mestura de alcohol, glicerina e un colorante, que se emprega para obter copias na máquina de escribir.
    6. papel cebola/de calcar/de calco ARTE Papel moi transparente que permite reproducir debuxos.
    7. papel cuché GRÁF Papel provisto dunha capa de estuco que lle confire impermeabilidade, moi satinado e vernizado, que se emprega para gravados ou fotogravados.
    8. papel de aluminio IND Folla moi fina de aluminio, impermeable, que se emprega para envolver certos produtos, protexelos e conservalos.
    9. papel de arroz IND Papel feito con medula da árbore da palma ou con canas de bambú.
    10. papel de estaño IND Folla moi fina de estaño, impermeable, que se emprega para envolver certos produtos, principalmente para conservarlles a humidade ou ben para preservalos dela.
    11. papel de fumar IND Papel fino, con cola nun bordo, que se emprega para liar os cigarros.
    12. papel de lixa TECNOL Papel forte cunha cara cuberta de area ou esmeril encolado, que se emprega para lixar.
    13. papel de música MÚS Papel que ten impresos pentagramas a distancias regulares, para escribir música nel.
    14. papel de seda/Manila IND Papel moi fino, transparente e flexible, que semella o tecido de seda.
    15. papel estucado GRÁF Papel provisto dunha camada de estuco que lle confire unha maior opacidade e impermeabilidade e que se emprega para gravados ou fotogravados de trama fina.
    16. papel hixiénico IND Papel fino, estreito, disposto en forma de rolos ou de pregaduras, que se emprega para a hixiene persoal.
    17. papel milimetrado GRÁF Papel que ten impresa unha cuadrícula de 1 mm de dimensión lateral e que se emprega para facer representacións a escala.
    18. papel pergamiño GRÁF Papel de aspecto semellante ao pergamiño, que se emprega en edicións de luxo.
    19. papel pintado/de empapelar IND Papel recuberto con pintura destinado a revestir os interiores das paredes das casas.
    20. papel secante GRÁF Papel non encolado e groso que se emprega para secar a tinta dun escrito.
    21. papel térmico TECNOL Papel recuberto dunha emulsión termosensible, que pasa a escuro tras unha radiación térmica localizada.
    22. papel termométrico TECNOL Papel recuberto dunha emulsión termosensible que cambia de cor en función da temperatura.
    23. papel vexetal GRÁF Papel sulfurado e calandrado en quente, de aspecto transparente e moi resistente, que se emprega para o debuxo.
    1. s m Documento escrito ou impreso.
    2. s m pl Documentos que proban a identidade dunha persoa, a validez dunha cousa ou unha autorización.
    3. s m ECON Documento negociable que representa un valor en diñeiro.
    4. s m ECON Conxunto de valores mobiliarios que se negocia nun mercado.
    5. papel do estado DER Documentos que emite o Estado recoñecendo créditos a favor dos seus posuidores.
    6. papel moeda ECON Billete de banco que se utiliza como medio de pagamento.
    7. papel timbrado/selado DER Papel impreso co selo do Estado que se usa na redacción dalgúns documentos oficiais.
  1. s m Parte dunha obra dramática ou dunha película que representa un actor.
  2. s m Personaxe que representa un actor nunha obra dramática ou nunha película.
  3. s m Función que cumpre alguén ou algunha cousa.
  4. s m PSIC Comportamento que, nunha sociedade determinada, se espera dunha persoa en relación coa súa posición ou estatus social.

Sinónimos

Citas

  • O seu papel é básico para as relacións cos clientes
  • Xa ten os papeis en regra

Frases feitas

  • Facer o papel. Aparentar ou finxir para conseguir algo.
  • Facer un bo papel. Cumprir algu
  • Sobre o papel. Na teor