pantocrátor

< gr Παντοχράτωρ ‘todopoderoso’
Plural: pantocrátores
  1. s m ARTE/RELIX Epíteto aplicado a Deus Pai no símbolo da fe, e ás representacións de Xesús Cristo como señor do universo, típicas da arte bizantina, coa figura de Xesús Cristo só en busto e en actitude de bendicir, que aparecen nas ábsidas e nas cúpulas das igrexas.
  2. s m MIT Sobrenome dado a Zeus e a outras divindades gregas da época helenística.