pantano

< ital pantano, do topónimo Pantānus, antigo nome do lago de Lesina
Plural: pantanos
  1. s m XEOG Sector de terreo impermeable e chan, recuberto por unha capa de augas pouco profundas.
  2. s m ENX Lago artificial de grandes proporcións creado ao interromper o curso dun río ou acrecentar un lago por medio dunha presa.
  3. pantano barométrico METEOR Área de presión atmosférica relativamente baixa, sen importantes diferenzas de presión duns puntos a outros.