pandeiro

< lat pandorĭu
Plural: pandeiros
  1. s m MÚS Instrumento de percusión que consiste nun bastidor de madeira de forma cadrada revestido de pel de cabrito e cosido por tres lados. No interior sitúanse unhas pequenas cordas das que se penduran uns axóuxeres que lle dan maior sonoridade, e no exterior sitúase unha correa de coiro para poder penduralo do pescozo, ou ben dúas cintas para poder atalo no van.
  2. s m col Parte inferior e posterior do tronco humano.

Frases feitas

  • Alegre/Contento coma un pandeiro. Moi contento.
  • Facer do seu (cu) un pandeiro. Facer un co seu o que lle d

Refráns

  • Alfaia por alfaia, mellor quero pandeiro que saia.
  • O pandeiro toca ben, as ferreñas fanlle o son.