pancreatite

< pancreat- + -ite
Plural: pancreatites
  1. s f PAT Inflamación aguda ou crónica do páncreas.
  2. pancreatite aguda PAT Pancreatite causada sobre todo por litíase biliar ou por alcoholismo.
  3. pancreatite crónica PAT Pancreatite producida por causas semellantes ás da pancreatite aguda, pero de curso máis lento. Segundo progresa a doenza mingua a capacidade funcional do páncreas.