palamismo

< antropónimo G. Palamás
Plural: palamismos
  1. s m RELIX Doutrina de Gregorio Palamás que traduce á linguaxe teolóxica a mística da comuñón con Deus e a visión da luz divina experimentada polos hesicastas.