paixón

< lat passĭōne
Plural: paixóns
  1. s f
    1. Expresión emotiva moi forte e de grande intensidade que perturba o ánimo e a razón.
    2. RELIX Sufrimento de Xesús antes de morrer.
    3. RELIX Parte dos evanxeos onde se narran os últimos días da vida de Xesús Cristo.
    4. MÚS Composición musical sobre a narración evanxélica dos últimos días de Xesús Cristo, que se practicou cantada en canto plano e dedicada ao culto na Idade Media.
  2. s f
    1. FILOS Categoría aristotélica, contraposta á acción, que expresa o estado dun ente afectado pola acción doutro.
    2. PSIC/FILOS Afección ou modificación do suxeito psíquico que se caracteriza por tal polarización da afectividade nun único sentimento que deixa debilitadas ou anuladas a capacidade de xuízo e a vontade.
    3. PSIC Emoción ou sentimento moi forte.
    4. PSIC Tendencia ou emoción sexual intensa, fortemente arraigada.
  3. s f RELIX Celebración litúrxica conmemorativa da Paixón e Morte de Xesús Cristo durante a Semana Santa, inaugurada o domingo de ramos ou da paixón do Señor, e que culmina o Venres Santo, día da Paixón e Morte do Señor.

Refráns

  • A moita paixón non agarda razón.
  • As túas festas, rapaz, non che me son nada boas; porque, cando ti mas fas, todo o corpo me afervoas.
  • Home apaixonado non quere ser aconsellado.