padriño

< lat v *patrīnu
Plural: padriños
    1. s m Persoa que presenta ou asiste no bautismo, confirmación, casamento ou orde a unha persoa e asume así certo tipo de responsabilidade con ela.
    2. s m pl Padriño e madriña no bautismo ou no matrimonio.
  1. s m Persoa que favorece ou patrocina a outra.
  2. s m Home que presenta e acompaña a alguén que recibe un grao ou un honor.
  3. s m Home que asiste ou acompaña a alguén co obxecto de defendelo e axudalo nos seus dereitos.

Citas

  • Dixeron que conseguira o traballo porque tiña un bo padriño
  • Foille de padriño cando xurou o cargo de avogado