antimentalismo

< anti- + mentalismo
Plural: antimentalismos
  1. s m LING Concepción predominante na lingüística norteamericana de comezos do s XX. Creada por L. Bloomfield, interésase só polos feitos lingüísticos que poden ser medidos de maneira obxectiva e deixa fóra o significado léxico, por considerar que é imposible de rexistrar.