oxidante

< oxidar
Plural: oxidantes
  1. adx Que oxida ou pode oxidar.
  2. s m QUÍM Especie que, nunha reacción de oxidación-redución, gaña electróns, é dicir, que se reduce. Dos compostos empregados normalmente como oxidantes, destacan, ademais do osíxeno e do ozono, o peróxido de hidróxeno ou as solucións ácidas, neutras e básicas de permanganato potásico. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].