ovo

< lat ōvu
Plural: ovos
  1. s m BIOL
    1. Célula que resulta da fecundación dun gameto feminino por un masculino, totipotente para desenvolver un novo organismo que reproduce os caracteres xenéticos dos seus reprodutores. Presenta polaridade, co que é capaz de orientarse.
    2. Gameto feminino non fecundado.
    3. óvulo.
  2. s m
    1. BIOL Corpo redondo, coa casca máis ou menos calcaria, posto pola femia de ave, réptil ou mamífero monotrema.
    2. ALIM Ovo de galiña doméstica destinado a alimentación humana.

Refráns

  • Non é polo ovo senón polo foro.
  • O primeiro ovo saíume grolo.
  • Ovo sen sal non fai ben nin fai ma!.
  • Ovos sós, comida por todo.