sfANIMALMamífero ruminante da familia dos bóvidos, que presenta o corpo robusto e redondeado, cuberto por un pelame liso ou rizado, denominado la, que só deixa espido o fociño e as patas, as extremidades finas e relativamente longas, e un rabo tamén longo. Os machos dalgunhas razas teñen cornos. Críase para obter carne ou la, e nalgunhas razas tamén se aproveita o leite.
sf figRELIXMembro do pobo de Deus.
Refráns
A escampada da ovella mal será que non veña.
Ano de ovellas, ano de abellas.
O que ten ovellas ten pelexas.
Ovellas loucas, ovellas poucas.
Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
Ovena cornuda e cabra con landras en poucas cortellas paran.
Ovena cornuda e vaca barriguda non a troques por ningunha.
Ovena e abella e pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.