ovario

< lat ovarĭu
Plural: ovarios
  1. s m ANAT Glándula feminina dotada da dobre función de formación de óvulos e da secreción endócrina dos estróxenos e da proxesterona. Hai unha a cada lado do útero, nunha pregadura da cavidade pelviana do peritoneo denominada ligamento ancho.
  2. s m ARQUIT Moldura con perfil de cuarto bocel, tallada con óvulos.
  3. s m BOT Parte basal e máis grande do pistilo que contén os primordios seminais.