ostreido -da

< lat científico Ostrea
Plural: ostreidos Masculino: ostreido Masculino plural: ostreidos Feminino: ostreida Feminino plural: ostreidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos ostreidos.
  2. s m ANIMAL Molusco da familia dos ostreidos.
  3. s m pl ANIMAL Familia de moluscos lamelibranquios, da superorde dos filibranquios, que son xeralmente monomiarios ou moi anisomiarios, son hermafroditas e non presentan sifóns, nin pé, nin glándula do biso. As dúas valvas son diferentes e a charneira non ten dentes.