antígrafo

< gr ἀ ντιγρά ϕ ω ‘contestar por escrito’
Plural: antígrafos
  1. s m HIST Maxistrado que se ocupaba da inspección das finanzas do estado na antiga Atenas.
  2. s m HIST/DER Reclamación xurídico-procesal que, na Grecia antiga, servía para entorpecer a acción dos promotores dun proceso.
  3. s m HIST/OFIC Chanceler, escribán ou notario na Idade Media.
  4. s m ARQUIV Copia manuscrita.