osteíctio -tia

< oste- + gr ιχθύς ‘peixe’
Plural: osteíctios Masculino: osteíctio Masculino plural: osteíctios Feminino: osteíctia Feminino plural: osteíctias
  1. adx Relativo ou pertencente aos osteíctios.
  2. s m ANIMAL/ICT Peixe da clase dos osteíctios.
  3. s m pl ANIMAL/ICT Clase de cordados do subtipo dos vertebrados que inclúe os peixes que posúen tecido óseo, en proporción variable, no seu esqueleto interno. Son mandibulados coa boca en posición terminal. É característico deste grupo a presenza dun pulmón, que pode funcionar como tal, desaparecer ou cumprir as funcións de vexiga natatoria. Desde o punto de vista ecolóxico, o éxito evolutivo conseguido polos peixes óseos no dominio de toda clase de medios acuáticos é enorme, tanto na súa diversificación como no número de individuos.

Palabras veciñas