smTecido conectivo, de notable elasticidade e gran dureza, que nos vertebrados efectúa unha función de sostemento do corpo, de protección dalgúns órganos e de posibilitar o movemento. Consta de corpo ou diáfise e de dous extremos ou epífises.
óso frontalÓso que forma a parte anterior e superior do cranio.
sm plRestos mortais.
sm p extPartes duras de certos animais, como a placa calcaria que ten dentro a xiba.
Citas
Botoulle un óso da soá ao caldo
Esa materia é un óso para a maioría dos alumnos
Meu avó fíxome un peite de óso
Nesa fosa común descansan os ósos de moitos soldados republicanos
O novo profesor de inglés é un óso, non hai quen aprobe con el