osificación

< osificar
Plural: osificacións
  1. s f FISIOL Proceso de formación do tecido óseo.
  2. osificación intracartilaxinosa/endocondral FISIOL Osificación que ten lugar no interior dunha cartilaxe hialina preexistente.
  3. osificación intramembranosa FISIOL Osificación que se efectúa a partir do tecido conxuntivo.