Peza grande de ferro que, nas embarcacións grandes de pesca, se coloca no fondo da carena, fai de contrapé e mellora a estabilidade da embarcación.
Peza metálica ou de madeira que se coloca na quilla dalgunhas embarcacións de vela, especialmente nos iates de regatas, para mellorar a estabilidade e facilitar o goberno xa que aumenta o plano da deriva.