ortosa

< gr ὀ ρθός ‘recto’
Plural: ortosas
  1. s f MINERAL Silicato alumínico e potásico, do grupo dos feldespatos, que cristaliza no sistema monoclínico e que forma cristais prismáticos, maclados segundo a lei de Karlsbad, de Baveno e de Manebach. Tamén se presenta en forma de masas granulares. O brillo é de vidro, e pode ser incoloro, branco, gris e incluso vermello. OBS: Tamén se denomina ortoclasa ou feldespato ortosa.