sm plANIMAL/ENTOMOrde de artrópodos, da clase dos insectos, pterigotos hemimetábolos, de dimensións medianas ou grandes, que teñen o corpo cilíndrico, e a cabeza alongada, o primeiro par de ás elitroides e o segundo membranoso, o aparato bucal mastigador e o terceiro par de patas máis desenvolto ca os outros dous pares. As migracións dalgunhas especies, como as lagostas, constitúen unha verdadeira praga, dado o gran número de individuos que se desprazan e os seus hábitos fitófagos.