Aplícase a dous vectores a e b que cumpren que a·b=0, nun espazo vectorial que ten definido un produto escalar.
Aplícase ao subconxunto de vectores dun espazo vectorial, cando cada un dos vectores é ortogonal respecto aos outros vectores do subconxunto.
Aplícase aos subconxuntos A e B dun espazo vectorial, cando cada vector de A é ortogonal con respecto a todos os vectores de B. Se A é ortogonal a B, denótase por A}B.
Aplícase á matriz cadrada invertible, cando a súa trasposta e a súa inversa coinciden.
adxMATNun espazo de funcións que ten definido un produto escalar, aplícase ás funcións f(x) e g(x) cando o produto escalar entre eles é cero.
proxección ortogonalMATTipo de proxección dunha figura nun plano en que se representa a figura ao trazar as proxectantes perpendicularmente ao plano de proxección.