prefForma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘recto’, ‘dereito’, ‘correcto’ ou ‘regular’.
pref
QUÍMForma prefixada que, anteposta ao nome dun derivado bencénico disubstituído, indica que os dous substituíntes están unidos a átomos de carbono veciños. Represéntase por o-.
QUÍMForma prefixada que, anteposta ao nome dun oxoácido, indica a súa forma máis hidratada.
QUÍM/FÍSForma prefixada que se emprega para indicar que nun sistema de dous electróns, ambos os dous teñen spins do mesmo signo.
prefXEOLForma prefixada que indica que unha rocha está producida pola metamorfose doutra que orixinariamente era magmática.