orla

< lat v *orŭla
Plural: orlas
  1. s f
    1. ARTE Adorno debuxado, gravado, impreso ou bordado nos bordos dun papel, pergamiño, fotografía ou tapiz.
    2. Lámina orlada onde están as fotografías, con lendas alusivas, das persoas que cursaron e remataron uns estudos en común ou ben traballaron nunha obra colectiva.
  2. s f ARQUIT Fío que corre por debaixo das molduras, adornando un capitel.
  3. s f MAR Parte do lado dunha embarcación que sobresae do plano da cuberta.
  4. s f HERÁLD Peza que consiste nunha franxa no interior do escudo sen tocar a beira e a unha distancia dela igual á súa anchura, que é a da metade da bordura.
  5. orla forestal ECOL Formación vexetal que se sitúa no bordo do bosque e que se emprega para separar as leiras.

Palabras veciñas