orientar

< oriente
  1. v t Situar algunha cousa nunha dirección en relación aos puntos cardinais.
  2. v t Sinalar a alguén a dirección que debe seguir.
  3. v t Dirixir algo ou a alguén cun determinado fin.
  4. v t MAR
    1. Dispor as velas de maneira que reciban o vento no ángulo máis vantaxoso para a propulsión.
    2. Determinar e marcar, nunha carta ou nun plano, a dirección N-S para coñecer a situación da nave respecto dos catro puntos cardinais.
  5. v pron Determinar a posición que alguén ocupa con respecto aos puntos cardinais ou a calquera outro punto de referencia.

Citas

  • Aínda que esqueceu o compás, orientouse moi ben polas estrelas
  • Antes de facer o curso orientouse sobre o tema
  • O arquitecto orientou a casa cara ao leste para aproveitar máis o sol
  • O indíxena orientouno coas súas indicacións
  • Orientou o fillo desde pequeno cara á olaría
  • Orientou o mapa dunha maneira incorrecta e acabaron por perderse
  • Orientoume sobre as posibles ofertas de traballo
  • Orientouse ben na vida
  • Orientouse tan ben que deu co sitio
Verbo: orientar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

oriento

orientas

orienta

orientamos

orientades

orientan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientaba

orientabas

orientaba

orientabamos

orientabades

orientaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientei

orientaches

orientou

orientamos

orientastes

orientaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientara

orientaras

orientara

orientaramos

orientarades

orientaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientarei

orientarás

orientará

orientaremos

orientaredes

orientarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientaría

orientarías

orientaría

orientariamos

orientariades

orientarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

oriente

orientes

oriente

orientemos

orientedes

orienten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientase

orientases

orientase

orientasemos

orientasedes

orientasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientar

orientares

orientar

orientarmos

orientardes

orientaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

orienta

-

-

orientade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

orientar

orientares

orientar

orientarmos

orientardes

orientaren

Xerundio

orientando

Participio

orientado

orientada

orientados

orientadas