oratorio

< lat tardío oratorĭu
Plural: oratorios
  1. s m RELIX Lugar dedicado á pregaria, que comprende desde as capelas autorizadas para a celebración da misa ata simples altares destinados á veneración dos fieis.
  2. s m MÚS Drama musical de tema relixioso, creado inicialmente para ser representado.
  3. s m RELIX Congregación de presbíteros fundada por san Filipe de Neri. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
  4. oratorio festivo RELIX Institución fundada polos salesianos encamiñada á diversión dos mozos os días de festa, consistente en xogos, veladas literario-musicais e oracións.