opción

< lat optĭōne
Plural: opcións
  1. s f Acción e efecto de optar.
  2. s f Elección ou escolla que se fai entre varias cousas.
  3. s f Cada unha das posibilidades que hai para elixir algunha cousa.
  4. s f Dereito que se ten a conseguir algo, como un cargo ou un oficio.
  5. s f ECON Dereito de preferencia que nas sociedades anónimas se lle concede aos accionistas para adquirir participacións en sucesivas ampliacións de capital.

Citas

  • As opcións que tes son asistir á reunión ou delegar nunha persoa de confianza
  • As súas notas danlle a opción de presentarse ou non ao examen
  • Elixiu esa opción porque era a máis económica

Palabras veciñas