oneida

Plural: oneidas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo oneida.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo oneida.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo iroqués, da Liga Iroquesa das Cinco Nacións, que vivía ao S do lago de Nova York e que se puxo do lado da causa americana colonialista e cedeu o seu territorio a cambio duns terreos nos estados de Wisconsin e Ontario.