onda

< lat unda
Plural: ondas
  1. s f XEOL Movemento oscilatorio das augas do mar en sentido ascendente e descendente.
  2. s f Porción elevada ou convexa dunha liña ou superficie que ten alternativas de elevación e depresión.
  3. s f Curva que se forma nalgunhas cousas flexibles.
  4. s f Aumento ou descenso de temperatura que dura algúns días.
    1. s f FÍS Forma de manifestarse un fenómeno periódico no espazo, no tempo ou nos dous á vez.
    2. onda asociada FÍS Onda que se atribúe a unha partícula de masa m cando está dotada dunha velocidade v.
    3. onda curta FÍS Onda electromagnética de lonxitude comprendida entre 10 e 15 m.
    4. onda de choque / AERON/BÉL Rexión estreita, formada no seo do aire, que atravesa as liñas de corrente en que a velocidade varía subitamente e na que se presenta un forte incremento da entropía.
    5. onda electromagnética FÍS Forma que, segundo a teoría ondulatoria, adopta a enerxía electromagnética na súa propagación.
    6. onda expansiva BÉL Onda coa que se propaga unha detonación nunha masa gasosa. OBS: Tamén se denomina onda explosiva.
    7. onda gravitatoria FÍS Tipo de onda que xorde das solucións da ecuación de Einstein do campo gravitatorio.
    8. onda hidromagnética FÍS Perturbación electromagnética que se propaga dentro dun plasma cando a frecuencia do plasma é moito menor ca a frecuencia ciclotrónica dos ións positivos.
    9. onda longa FÍS Onda electromagnética dunha lonxitude de mil metros ou máis.
    10. onda media FÍS Onda electromagnética normal que presenta unha lonxitude de 200 a 550 m.
    11. onda radioeléctrica / COMUN/TECNOL Onda electromagnética que se emprega en radiocomunicacións, e que adoita ter unha lonxitude de onda entre os milímetros e os quilómetros.
    12. onda retrógrada BÉL Onda de choque que, ao producirse a explosión dun gas detonante, se propaga en sentido contrario á onda expansiva no seo de gases xa queimados, aos que volve luminiscentes ao provocar unha nova reacción química.
    13. onda sísmica XEOG sismo.
    14. onda sonora FÍS Forma de propagación do son nun medio.
  5. s f Grupo de cousas ou persoas que suceden ou veñen ao mesmo tempo.
  6. función de onda FÍS Termo con que se coñece, en mecánica cuántica, tanto a onda asociada como a expresión matemática que a representa.
  7. número de onda FÍS Constante característica dunha onda, definida como k = 2π/λ, sendo k o número de onda ou número de propagación, e λ a lonxitude de onda.
  8. vector de onda FÍS ector K que, dada unha onda, ten unha dirección que en cada punto do espazo é a de propagación da onda nese punto, e un módulo que é o seu número de onda.

Sinónimos

Citas

  • Para a fin de semana que vén espérase unha onda de calor no noroeste peninsular
  • Unha onda de xente entraba no auditorio para ver o concerto

Frases feitas

  • Estar na onda. Comprender algo de maneira correcta.
  • Perder a onda. Desorientarse ou despistarse.

Formas incorrectas

ola