ollo

< lat ocŭlu
Plural: ollos
    1. s m ZOOL Órgano fotorreceptor capaz de formar imaxes do obxecto emisor ou reflector de luz e que presenta diversas formas e estruturas.
    2. s m ANAT Parte exterior do globo ocular, en particular o iris.
    3. ollo simple ZOOL ocelo.
  1. s m Burato que presenta unha cousa por onde se introduce ou pasa algo.
  2. s m Xema das patacas sen xermolar.
  3. s m Pequena cavidade formada nunha masa.
    1. s m Cousa ou parte dalgunha cousa que pola súa forma recorda a un ollo.
    2. s m BOT Porción máis interior de certas hortalizas, que é a parte máis tenra e apertada.
    3. s m BOT Gromo por onde medra a planta.
    4. ollo de boi / ARQUIT/MAR Fiestra ou claraboia de forma oval ou circular.
    5. ollo de galo / PAT/BOT Enfermidade da planta do café producida polo fungo basidiomiceto Mycena citricolor, e que produce defoliación.
    6. ollo de galo PAT Calo que se produce nas dedas, de forma redondeada e cunha depresión no centro.
    7. ollo de gato MINERAL ariedade de crisoberilo de cor verde amarela, moi empregado en xoiaría. OBS: Tamén se denomina cimófano.
    8. ollo de gato MINERAL ariedade de cuarzo con inclusións de asbesto, que lle dan un aspecto tornasolado.
    9. ollo de sapo XEOL Formación xeolóxica metamórfica composta por cristais de gran fino, con incrustacións de cuarcitas ou xistos, e por fenocristais feldespáticos de facies fina.
    10. ollo de tigre MINERAL ariedade de cuarzo de cor amarela dourada, moi empregada en xoiaría.
    11. ollo do cu ANAT mso-bidi-font-family:"Times New Roman"> 10.0pt> 2ano.
    12. ollo máxico/catódico TECNOL Tubo electrónico especial que se emprega como indicador de sintonía nos receptores de radio con tubos.
  4. s m fig Aptitude para apreciar e comprender de xeito rápido as circunstancias que rodean a unha persoa.

Sinónimos

Citas

  • Bótalle un ollo á nena antes de marchar
  • Comemos un queixo dos da casa, con moitos ollos
  • Non ten ollo ningún para tratar con ese tipo de xente
  • Ollo coas faltas de ortografía porque baixarán a nota
  • Sen lentes non vía o ollo da agulla, Espreitou polo ollo da fechadura
  • Ten os ollos verdes
  • Tes que mesturar o aceite con coidado para que non se che formen ollos
  • Vou coller un ollo de repolo para facer a cea

Frases feitas

  • 2 Mirar a algu
  • 2 Sen reflexionar. Ex: Se che ofrece o posto podes dicirlle que si cos ollos pechados.
  • 3 Ollar con insistencia algo que se desexa.
  • A ollo. Sen comprobaci
  • Abrir os ollos. Permanecer atento.
  • Botar o ollo. Amosar desexo ou interese por algo ou algu
  • Comer cos ollos 1 Ter m
  • Mal de ollo. Meigallo que se bota a algu
  • Non pechar /cerrar ollo. Non ser capaz de durmir.
  • Ter bo/mal ollo. Ter ou non boa intuici
  • Cos ollos pechados/fechados/cerrados 1 De xeito autom
  • Encher o ollo. Agradar algo ou algu
  • Mirar/ver con bos/malos ollos. Considerar a algu

Palabras veciñas