oído

< lat audītu
Plural: oídos
  1. s m Sentido polo que se perciben os sons.
  2. s m ZOOL Órgano dos animais que permite detectar as vibracións producidas no medio, e que constitúe ademais o órgano do equilibrio.
  3. s m Capacidade para recoñecer a música.
  4. oído externo ANAT Parte do oído que consta do pavillón, superficie en gran parte cartilaxinosa, e do conduto auditivo externo, que está protexido por pelos finos e cerume.
  5. oído interno ANAT Parte do oído que comprende o labirinto óseo e o labirinto membranoso, onde a enerxía mecánica se transforma en enerxía eléctrica, que estimula a transmisión nerviosa ao cerebro.
  6. oído medio ANAT Cavidade estreita e irregular do oído, que vai a continuación da membrana timpánica e que comunica directamente coa farinxe mediante a trompa de Eustaquio.

Citas

  • Nunca tivo bo oído e por iso desafina tanto cando canta

Palabras veciñas