odre

< lat utre
Plural: odres
  1. s m Recipiente feito coa pel enteira dun animal que serve para conter e transportar líquidos.
  2. s m fig Persoa moi grosa.
  3. s m fig Persoa manifestamente borracha.

Sinónimos

Frases feitas

  • Estar/Porse/ Ser coma un odre. Comer ou beber en exceso.
  • Estar (gordo) coma un odre. Ser moi gordo.

Refráns

  • Quen troca odre por odre, algún deles ha de ser podre.